Acordo en torno ao conflicto laboral no Palacio de Sober

Según informou o sindicato UGT-Lemos, o 65% da plantilla deste establecemento votaron a favor do acordo coa empresa, o que supuxo empezar a cobrar xa o primeiro anticipo das nóminas adebedadas. Asimesmo, o acordo permite que todos os traballadores que se acollan ao ERE, un total do 84,6% da plantilla, poderán traballar noutra empresa que os contrate durante dito periodo, que asimesmo se reduce considerablemente con respecto á proposta inicial da empresa. Deste xeito, o peche xa en marcha durará ata o 15 de maio, e retomarase o primeiro de outubro deste ano ata o 15 de maio de 2014. O acordo aprobado polos traballadores contempla ademais a creación dunha comisión de seguemento do ERE co fin de realizar os chamamentos necesarios.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

II edición do Concurso «Quiroga de Tapas», do 21 ao 29 de marzo

Seguinte Nova

Celebración do Día Internacional da Muller en Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: