Dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte están a desenvolver, os días 14 e 18 de marzo, un programa dirixido ao alumnado da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende, en Sober, para o fomento do uso responsable do alcohol entre a xuventude. O obxectivo desta actividade é difundir entre os/as futuros/as profesionais que venden e serven bebidas alcohólicas (hostaleiros, restauradores, camareiros, etc) unha serie de coñecementos e ferramentas sobre o alcohol, o seu servizo e a súa venda, que axuden a crear un ocio máis saudable e de calidade. Dende o servizo de Prevención da UAD, están a traballar en diversas iniciativas de concienciación para retrasar a idade de inicio no consumo de alcohol e fomentar o uso responsable de bebidas alcohólicas.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
• O Casino Ateneo de Monforte acolleu o acto, dirixido ao sector empresarial, no que o
Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños, contra persoas que depositan o lixo en horarios
O Concello de Bóveda vén de poñer en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o