Dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte están a desenvolver, os días 14 e 18 de marzo, un programa dirixido ao alumnado da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende, en Sober, para o fomento do uso responsable do alcohol entre a xuventude. O obxectivo desta actividade é difundir entre os/as futuros/as profesionais que venden e serven bebidas alcohólicas (hostaleiros, restauradores, camareiros, etc) unha serie de coñecementos e ferramentas sobre o alcohol, o seu servizo e a súa venda, que axuden a crear un ocio máis saudable e de calidade. Dende o servizo de Prevención da UAD, están a traballar en diversas iniciativas de concienciación para retrasar a idade de inicio no consumo de alcohol e fomentar o uso responsable de bebidas alcohólicas.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así