De ruta cos «turismos» da man do Clube Autoclásico Ribeira Sacra

Recuperación dos primeiros utilitarios para fomentar as rutas turísticas pola nosa comarca

A memoria dos «turismos» que hai 35 anos corrían, dentro das súas posibilidades, polas nosas estradas está a ser recuperada en Monforte polo Club Autoclásico Ribeira Sacra, que se presentou en sociedade o pasado 9 de marzo cunha «quedada» dalgúns dos utilitarios na explanada da Compañía. Apadrinando o evento, o alcalde Severino Rodríguez amosou a súa curiosidade por estes vehículos, así como os paseantes que nesa mañá de choiva se achegaron á praza para ver de cerca estes clásicos do motor.

Directiva e membros do Clube Autoclásico Ribeira Sacra, acompañados polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, deron a coñecer esta nova asociación coa mostra dalgúns dos seus coches clásicos na explanada da Compañía. EC.

UNHA VINTENA DE SOCIOS UNIDOS POLOS COCHES CLÁSICOS

Según explica José Antonio Castro, presidente do Club Autoclásicos Ribeira Sacra, esta asociación naceu en agosto de 2012, e dende entón estiveron a traballar tanto na definición do clube como nas posibilidades de desenvolver este tipo de iniciativas. O Autoclásico Ribeira Sacra arrinca con arredor de 20 socios, que coidaban con esmero estes utilitarios de hai máis de trinta anos. «Uns poucos tiñamos coches deste tipo, e vendo que en sitios como Lalín había un clube que tiña gran aceptación, decidimos poñer en marcha o clube, xa que aquí no sur de Lugo non había ningunha asociación deste tipo», precisa José Antonio Castro, que cita os exemplos de Lugo e Valdeorras, cidades que contan cun clube de coches clásicos, ou o caso de Ourense, onde hai unha escudería, máis enfocada ao desenvolvemento de probas tipo rally.

A mostra organizada polo Club Autoclásico Ribeira Sacra na praza da Compañía contou con modelos espectaculares. EC.

RUTAS POLA RIBEIRA SACRA EN UTILITARIO

«Nós o que pretendemos con este clube é facer rutas turísticas pola Ribeira Sacra dun xeito singular, a través dos coches clásicos», explica o presidente do Club Autoclásico Ribeira Sacra. «Temos unha zona incríble, os Canóns do Sil e do Miño, a zona do Courel e do Incio, e o que tratamos é de dar a coñecer estas paisaxes a través destas rutas, incluso para a xente de aquí», precisa Castro, que apunta que o obxectivo principal é «pasalo ben con esta actividade».

Os vehículos do Club Autoclásico Ribeira Sacra eran frecuentes nas estradas de hai trinta anos. EC.

CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS E RUTA TURÍSTICA O 7 DE ABRIL

E para que isto se cumpla, xa teñen preparada a súa primeira actividade. O vindeiro 7 de abril, o clube organiza unha concentración de vehículos clásicos na explanada da Compañía de Monforte ás 9 horas, para saír ás 11,30 nun pequeno roteiro pola Ribeira Sacra, que culminará cunha comida no restaurante Don Manuel ás 15 horas. Os interesados en participar nesta singular iniciativa poden anotarse ata o 3 de abril na dirección de correo electrónico acribeirasacra@gmail.com.

Os turismos amosados polo Club Autoclásico Ribeira Sacra transpórtanos a outra época sen perder o feitizo dos deseños máis emblemáticos. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Día Internacional da Muller: As mulleres emprendedoras amosaron o seu traballo e iniciativa nos Mercados de Monforte

Seguinte Nova

Febreiro rexistrou 6.413 parados no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio