Día Internacional da Muller: Pola igualdade no traballo, no deporte e na vida

Dende a Concellería de Igualdade de Quiroga, a través do Centro de Información á Muller (CIM), celebraron o 8 de marzo con diversas actividades, como o partido de fútbol mixto entre xogadores do Quiroga Fútbol Club e xogadoras do Fútbol Sala Feminino. A única diferencia do partido foi a cor do peto de cada equipo; ó descanso gañaba o equipo vermello por 2-4, aínda que a 32 segundos do final empataban a 8-8, co que se deu por rematado este encontro, caracterizado polo fair play e o gusto polo deporte. (Fotos EC).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UGT-Lemos celebrou o Día da Muller co tradicional homenaxe que dende hai 23 anos adica a unha muller da comarca, destacada na reivindicación dos dereitos laborais. Nesta ocasión, a homenaxeada foi Patricia González, do comité comarcal, que recibiu unha estatuílla conmemorativa. (Fotos EC).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A rúa Cardeal de Monforte foi o esceario dalgúns dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. As árbores apareceron cubertas por coloristas tecidos de calceta e ganchillo, elaborados nun obradoiro mixto; a intención é chamar a atención da cidadanía sobre o cotián, tecendo unha rede de igualdade que faga visible á muller na sociedade. Pola tarde, a cidadanía foi obsequiada con lazos violeta, símbolo da igualdade entre mulleres e homes. Pola súa parte, a concelleira de Igualdade de Monforte, Ana Casal, leu un manifesto co gallo do Día da Muller. A continuación, un grupo de cidadáns e cidadás teceron unha rede de igualdade, ao tempo que leron diversas consignas en prol da igualdade entre mulleres e homes. (Fotos EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Día Internacional da Muller: Educar en igualdade de oportunidades

Seguinte Nova

Día Internacional da Muller: As mulleres emprendedoras amosaron o seu traballo e iniciativa nos Mercados de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio