Febreiro rexistrou 6.413 parados no sur de Lugo

Con respecto ao ano pasado, sube o paro en todas as comarcas excepto en Quiroga

•As comarcas de Chantada e Quiroga suben un posto na lista provincial con máis demandantes de emprego •Terra de Lemos segue a ser a terceira comarca con máis paro da provincia, e Sarria ocupa a sexta posición detrás da Mariña Occidental

En febreiro, o desemprego aumentou nas comarcas do sur lucense respecto ao ano pasado. Arquivo EC.

As cifras do paro debuxan un panorama pesimista para o conxunto da provincia de Lugo, que rematou o mes de febreiro cun aumento do 6,74% no número de demandantes de emprego, cun total de 29.631. Os datos non son máis favorables nas comarcas do sur de Lugo, cun total de 6.413 parados no mes de febreiro.

PORCENTAXES DO PARO POR COMARCAS

Por comarcas, o paro aumentou en todas excepto en Quiroga, que rexistrou en febreiro un descenso do 2,6% con respecto a febreiro de 2012, con 534 parados en total. A Terra de Lemos conta cun 6,5% máis de desempregados, con 2.836, mentres que a comarca de Sarria rexistra un 8% máis de paro, acadando os 1.999 demandantes de emprego en febreiro deste ano. Pola súa parte, a comarca chantadina rexistrou o mes pasado 1.044 parados, o que supón un 2,10% máis de persoas que buscan traballo. Por sectores, cabe destacar que na comarca chantadina descendeu o paro na industria con respecto a febreiro de 2012, situación similar en Quiroga, onde se reduciu tamén na construcción. A comarca sarriana baixa as cifras de paro neste mesmo sector, mentres que en Lemos só descende a porcentaxe de primeiros demandantes de emprego.

VALORACIÓN DAS CIFRAS DO DESEMPREGO NAS COMARCAS DO SUR LUCENSE

Os datos do paro no sur de Lugo son considerados como “preocupantes” polo sindicato UGT-Lemos, que destacan a importancia do desemprego xuvenil “que impulsa a moitos dos nosos mozos e mozas, con gran cualificación e excelente formación, a marchar a traballar a Inglaterra ou Alemaña”, explica Mario Docasar, secretario xeral desta formación sindical.

UGT-LEMOS: A XUNTA “MIRA PARA OUTRO LADO, EN VEZ DE FACER UN PLAN DE EMPREGO PARA O SUR DE LUGO”

Neste sentido, Docasar denunciou a “miopía política” do Partido Popular en Galicia, “xa que ten competencias de emprego”, e porque, na súa opinión, “a Xunta sigue a mirar para outro lado”. Dende UGT-Lemos declara “non entender” a política de emprego do Goberno galego, “xa que a delegada territorial da Xunta en Lugo leva catro anos sen facer un plan de emprego na zona sur da provincia”, suliñou Mario Docasar, que afirmou ter pedido “cen veces” este plan, “e segue a mirar para outro lado, incluso no seu concello, que ten xa 22 parados máis que hai un ano, e para o próximo mes terá algúns máis co ERE do Hotel Palacio”, precisou o secretario xeral de UGT-Lemos.

UN MILLEIRO DE INSCRITOS NO PROGRAMA PROVINCIAL DE EMPREGO “FÓRMATE EN VERDE”

Aínda que ó organismo provincial non lle corresponden as competencias en materia de emprego, seguen adiante as actuacións desenvolvidas dende a Deputación de Lugo para xerar traballo e fixar así poboación no rural. Unha das iniciativas máis recentes, o programa “Fórmate en Verde”, está a ter unha “gran aceptación” entre os veciños da provincia, según explican os responsables provinciais, xa que un mes despois da súa presentación conta con preto de 1.000 inscritos. Este programa, cofinanciado nun 80% con fondos europeos a través do Lugo02, ofrece formación totalmente gratuíta, con práticas en empresas especializadas, en xestión forestal, gandeiría ecolóxica e agricultura ecolóxica. Esta materia centrará as accións formativas que se celebrarán no Pazo de Tor, en Monforte, dadas as posibilidades que a agricultura ten no sur de Lugo como actividade económica e factor de fixación de poboación no rural. As accións formativas comezarán a finais de marzo, aínda que os interesados poden todavía inscribirse na páxina web www.deputacionlugo.org.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

De ruta cos «turismos» da man do Clube Autoclásico Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, campión de xadrez do Trofeo Gadis Colegios

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio