II edición do Concurso «Quiroga de Tapas», do 21 ao 29 de marzo

Nestes días, e en horario de 12 a 14,30 horas e de 19 a 22,30 horas un total de 19 establecementos da hostalería quiroguesa someteranse ao criterio da súa clientela para optar a un premio en metálico de 100 euros e unha placa conmemorativa, que se entregará o vindeiro 3 de abril previa resolución do fallo do xurado, que será o encargado de contabilizar e rexistrar os votos emitidos polo público nas urnas dispostas nos diferentes establecementos.

A relación de locais participantes coas súas tapas a concurso é como sigue: Mesón Escaleira: Pescada en dúas texturas, pil pil de cachelos e bizcoito de tomate; Mesón Ferreiriño: Tostadica de palitos con gulas e salmón; O Recuncho de Dino: Timbal de morro salseado; Bar Chapakuña3: Tosta caseira, bañada en aceite de Quiroga, con lacón trufado e pementos ó forno; Casa Torres: Timbal de bacallao con salsa de queixo e mel da comarca; Restaurante O Roxo Vivo: Saquiño de millo recheo de bacallao con pementos do piquillo; Bar Félix: Solombo soleado con salsa de mel e mostaza, acompañado de chupito de cenoria con redución de Ribeira Sacra; Bar O Cantar Miudiño: Vocán de langostinos con grelos e caviar de pementos; Bar Lago: Rolo de tenreira recheo en salsa con patacas duquesa; Pub Ruxe-Ruxe: Polo ós tres queixos con crocante de xamón; Cafetería Quiroga: Marmitako de atún á vizcaína con aroma de pementos chouriceiros; A Taberna: Xarrete con redución de viño, quenelle de robellón e triscante de San Simón; Bar Quiper: Carrillera de porco celta con mousse de foie, adozada con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Caurel ó curri e tella de queixo; Bar Raposo: Ensalada morna de marisco; Bar O Portón: Fabas de Lourenzá con zamburiñas e picatostes; Bar Las Palmeras: Humus feliz; Ciber-café A Pedra: Piquillos recheos de cóctel de gambas con vinagreta de mostaza; Adega da María: Bacallao en salsa con granizado de fresa; Hostal Río Lor: Zurigorri.

Este concurso, organizado polo Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo (APEHL), outorgará un diploma acreditativo a todos os establecementos participantes. Os clientes que desexen emitir o seu voto poderán ter en conta como criterios de avaliación das tapas a presentación e innovación, o gusto, sabor, texturas e aromas, e a calidade dos ingredientes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Luz verde para a constitución da Confraría do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Acordo en torno ao conflicto laboral no Palacio de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio