Luz verde para a constitución da Confraría do Viño de Quiroga

• Os confrades serán investidos oficialmente o 16 de marzo, e a continuación estarán presentes na cata de selección dos viños que participarán na XXXI Feira do Viño de Quiroga

Quiroga contará dende marzo coa súa propia Confraría do Viño. Esta iniciativa xurdiu dos membros da comisión de cata encargados de seleccionar os viños que participarán na XXXI edición da Feira do Viño de Quiroga, e que suxiriron ao Concello darlle a este acto un carácter oficial agrupándose baixo esta confraría. Tras diversas reunións de todos os membros da comisión de cata, amparados polo Concello de Quiroga, redactouse a acta fundacional e os estatutos de constitución, e finalmente inscribiuse no rexistro de asociacións sen ánimo de lucro da Xunta de Galicia baixo a denominación Confraría do Viño de Quiroga.

COMPOSICIÓN DA CONFRARÍA DO VIÑO DE QUIROGA

Esta asociación, integrada por 23 membros fundadores, está composta polo presidente, dous vicepresidentes, un secretario e un tesoureiro, e o resto dos integrantes actúan como vocais. O domicilio social da asociación será a Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.

EXALTAR A RIQUEZA VITIVINÍCOLA DE QUIROGA E LEVAR O COÑECEMENTO DO VIÑO A TRAVÉS DA CULTURA

Según explicaron dende o Concello e de acordo aos estatutos de constitución, o obxecto fundacional da Confraría do Viño de Quiroga será “exaltar a importante riqueza vitivinícola de Quiroga, levando o coñecemento do viño a través da cultura”. Os estatutos fixan como fins principais da Confraría promover actividades que difundan o viño artesanal de Quiroga, actividades que axuden a entender e mellorar o viño artesanal de Quiroga, tanto nas clases axeitadas de cepas, labores na viña así como na bodega, e charlas orientadas as orixes e cultivo das diferentes clases de cepas no mundo como un feito cultural. Asimesmo, tamén establécese a súa presencia en calquera acto público onde se distribuía de forma masiva viño artesanal de Quiroga para garantía de procedencia e bondade. A Confraría tamén promoverá espazos e encontros que estimulen a creatividade en torno ao viño, e protexerá o entorno natural así como os recursos patrimoniais relacionados co mundo do viño.

GRAN CAPÍTULO ANUAL DURANTE A CATA DA FEIRA DO VIÑO

A Confraría do Viño de Quiroga celebrará anualmente un Gran Capítulo que coincidirá co acto de selección dos viños inscritos para participar na correspondente edición da Feira do Viño de Quiroga. Os membros da Confraría do Viño artesanal de Quiroga participarán na elección dos caldos que se presenten na Festa de San Martiño e na Festa da Comunidade de Montes, para garantir a procedencia e bondade do viño, por tratarse de actos públicos.

O actor Mariano Peña (Mauricio na serie “Aída”) será o pregoeiro da XXXI Feira do Viño de Quiroga

Mariano Peña (Mauricio na serie «Aída») será o pregoeiro da Feira de Viño de Quiroga. (Foto cedida: FormulaTV).

Seguindo a tradición, a organización da Feira do Viño de Quiroga trae de novo este ano un pregoeiro que non será descoñecido para ninguén. O elixido procede do mundo do cine, o teatro e a televisión, e ultimamente é coñecido pola súa interpretación do singular hostaleiro Mauricio Colmenero. O veterano actor Mariano Peña foi cimentando a súa popularidade con series como “Los Serrano”, “Un paso adelante” ou “Compañeros”, e recibiou o premio Ondas 2013 na categoría de actor protagonista. 30 anos de profesión son os que Mariano Peña ten ás costas, non só poñendo cara ós seus personaxes, senón tamén dando voz a moitos outros como actor de dobraxe. (Foto cedida: FormulaTV).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Récord de participación na V Carreira Popular Concello de Monforte

Seguinte Nova

II edición do Concurso «Quiroga de Tapas», do 21 ao 29 de marzo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: