Outras seis medallas en catro podios de taekwondo para os monfortinos de Neka

Ós logros obtidos no Campionato Galego de Técnica Senior en Ponteareas, súmase a medalla de prata de Iago García no Open Internacional de Taekwondo de Oropesa

O grupo de taekwondistas do Gimnasio Neka posan coas súas medallas, acompañados do seu entrenador, José Mª Vega. Foto cedida.

Seis foron as medallas acadadas polos deportistas do Gimnasio Neka de Monforte no Campionato Galego de Técnica disputado o 9 de marzo en Ponteareas. Na categoría trío 1 senior, David Feijóo, Allan Guagua e Mateo López acadaron unha medalla de prata cada un. Ademais, Mateo López e Allan Guagua conseguiron un bronce cada un na categoría senior 1. Samuel López, irmán de Mateo, acadou a medalla de bronce na categoría cadete. A consecución destas medallas dálles a estes deportistas a posibilidade de participar no proceso selectivo que o 16 de marzo celebra en Pontevedra o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de cara á participación no Campionato de España, que terá lugar en breve no complexo Marina D’Or, de Oropesa de Mar (Castellón).

PRATA PARA YAGO GARCÍA NO OPEN INTERNACIONAL DE OROPESA DE MAR

O palmarés do Gimnasio Neka medrou tamén coa consecución, por parte de Yago García, da medalla de prata no Open Internacional de Taekwondo celebrado a pasada fin de semana en Oropesa de Mar. Yago García formaba parte do grupo de 47 taekwondistas que a Federación Galega desprazou ata a localidade castellonense para disputar esta proba. Yago García houbo de superar catro combates ata alzarse coa medalla de prata, e este resultado confirma «o incríble ano que leva Yago García», explica José Mª Vega, entrenador de Neka. «Con este ritmo, estou convencido de que Yago será o primeiro monfortino en acadar medalla no Campionato de España de Taekwondo», suliña Vega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentación oficial do plantel do Club Ciclista Chantadino

Seguinte Nova

Récord de participación na V Carreira Popular Concello de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: