O entorno natural do río Loio conta xa de xeito oficial co seu Plan de Conservación. O Diario Oficial de Galicia do 5 de marzo publicou o decreto que regula este Plan de conservación do ENIL Loio-Ruxidoira, que abrangue 437 hectáreas nas parroquias de Loio, San Martiño de Castro, As Cortes, Castro, A Laxe, Suar, Paradela, Vilaragunte, Francos, Barán e Ferreiros. Dentro deste espazo natural destacan como principais valores naturais o propio río Loio, o bosque de ribeira, os carballos e castiñeiros centenarios, os bosques naturais de especies autóctonas, e as formacións naturais de matogueiras. Todo isto configura, según o decreto do Plan de Conservación, unha interesante representación, a nivel local, dalgúns hábitats de interés comunitario definidos pola directiva europea relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.