Un total de 978 corredores participaron nas categorías menores e absoluta na proba celebrada o pasado 3 de marzo
Segue aberta a inscrición para a vindeira proba do II Circuíto Leader de carreiras populares Ribeira Sacra, que será o 24 de marzo en Quiroga
A V Carreira Popular Concello de Monforte bateu un récord de participación, cun total de 978 corredores entre categorías menores e absoluta. Con esta proba, deu comezo o II Circuíto Leader de carreiras populares Ribeira Sacra, que integra oito probas en cada un dos concellos da nosa comarca.
CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS
Logo da celebración da carreira de Monforte, a clasificación do Circuíto Leader Ribeira Sacra está encabezada como sigue, na modalidade masculina: David Senra Amaro (categoría A), Diego Fernández Rodríguez (categoría B), Luis Iglesias Raña (categoría C), José Manuel Corral López (categoría D), Higinio Rodríguez Souto (categoría E), e Gerardo Pérez Lenza (categoría F). Na modalidade feminina, a clasifición está encabezada como sigue: na categoría A quedou deserto, Luisa González Somoza (categoría B), María Yolanda Gutiérrez Robles (categoría C), Sonia Teijeiro Ferro (categoría D), Sonia Vázquez Rodríguez (categoría E) e Lisette Halliday (categoría F). A clasificación completa nas diversas modalidades e categorías pode consultarse na páxina web www.championchipnorte.com.
A segunda das probas puntuables do II Circuíto Leader Ribeira Sacra será a IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar o domingo 24 de marzo na capital quiroguesa. A inscripción sigue aberta na web www.championchipnorte.com.•