Sarria reforza o seu liderato como referencia turística do Camiño

Unha nova axencia abre as súas portas na vila xacobea

O acto de presentación da nova oficina de turismo receptivo contou coa presencia do director xerente do Xacobeo, José Paz Gestoso, membros da corporación local, así como parte da plantilla e do equipo directivo da firma. Foto cedida.

Sarria acolle dende este mes a primeira oficina de turismo receptivo nacional e internacional do Camiño de Santiago. Da man da firma Tee Travel, especializada en turismo cultural, enoturismo, cicloturismo e sendeirismo vinculados á ruta xacobea, esta nova oficina de turismo escolleu Sarria como sede “porque é unha localidade de referencia no Camiño”, explicou a xerente da empresa, Mar Rodríguez Meseguer.

Durante a presentación da nova oficina, a responsable de Tee Travel destacou que, coa apertura en Sarria deste punto de turismo receptivo, “a delegación se sitúa moi preto dos míticos últimos 100 quilómetros do Camiño, distancia mínima que hai que percorrer para gañar a Compostelana”. Asimesmo, a data escollida para presentar a oficina sarriana de Tee Travel foi o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, “xa que este paso é o resultado do traballo de todo o equipo humano, no que figuran dez mulleres e dous homes, co que este día resulta unha doble celebración”, explicou Rodríguez Meseguer.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Día Internacional da Muller en Sarria: Creatividade visual para poñer en valor o papel das mulleres

Seguinte Nova

Sintonizadores de TDT para persoas en risco de exclusión social de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: