Sintonizadores de TDT para persoas en risco de exclusión social de Monforte

O ministerio de Industria Energía y Turismo puxo a disposición do concello de Monforte varios equipos sintonizadores de TDT para facerllos chegar a aquelas persoas que poidan necesitalos. Neste sentido, a concelleira de Benestar Social, Pilar López, anunciou que as persoas interesadas en recibir os sintonizadores de TDT poden solicitalos inscribíndose previamente nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais, situados na rúa Ricardo Quiroga.

Os preto de 50 sintonizadores de TDT proceden da campaña de Axuda a Colectivos en Risco de Exclusión no proceso de transición á TDT. Dende a Concellería de Benestar Social informaron de que as persoas interesadas deben dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais, e ter en conta que os sintonizadores deben destinarse a uso propio, estando prohibida a súa venda ou comercialización.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria reforza o seu liderato como referencia turística do Camiño

Seguinte Nova

Unánime apoio dos partidos políticos locais aos traballadores do taller monfortino de Renfe

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: