Con motivo desta celebración o pasado 21 de marzo, o Concello de Monforte, en colaboración cos centros de ensino de Primaria e Secundaria da cidade, promoveu a plantación de 17 árbores de diferentes especies. Nesta iniciativa participou o alumnado de nove centros educativos da vila e persoal da Concellería de Medio Ambiente, que lles explicou as características de cada árbore, a maneira de realizar a plantación e os beneficios que aporta para o medio ambiente e para a sociedade. As árbores plantáronse na Capela de San Lázaro, no Parque dos Condes, na área de autocaravanas detrás do Multiusos, e nos espazos do CEIP A Gándara e do Infanta Elena. As especies escollidas foron ameneiros, ligustrum, pradairos, cerdeiras e robles americanos.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así