Celebración do Día Forestal Mundial en Monforte

Con motivo desta celebración o pasado 21 de marzo, o Concello de Monforte, en colaboración cos centros de ensino de Primaria e Secundaria da cidade, promoveu a plantación de 17 árbores de diferentes especies. Nesta iniciativa participou o alumnado de nove centros educativos da vila e persoal da Concellería de Medio Ambiente, que lles explicou as características de cada árbore, a maneira de realizar a plantación e os beneficios que aporta para o medio ambiente e para a sociedade. As árbores plantáronse na Capela de San Lázaro, no Parque dos Condes, na área de autocaravanas detrás do Multiusos, e nos espazos do CEIP A Gándara e do Infanta Elena. As especies escollidas foron ameneiros, ligustrum, pradairos, cerdeiras e robles americanos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PXOM de Pantón mirará polo turismo e as parroquias

Seguinte Nova

Marzo acolleu novas charlas no IES Daviña Rey

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: