Confírmanse en Pantón as boas expectativas da canteira galega de golf

Profesionalidade e deportividade marcaron a participación dos 75 xogadores de entre 6 e 25 anos nas probas do Ranking Sub 25 e 2ª proba da Liga Infantil da FGG, disputadas este mes no complexo de Augas Santas

Un momento da entrega de premios aos participantes na 2ª proba da Liga Infantil da FGG, no complexo Oca Augas Santas de Pantón. Foto cedida.

O complexo Oca Augas Santas de Pantón acolleu neste mes de marzo importantes probas que amosan a boa saúde da canteira galega de golf. Baixo unhas condicións meteorolóxicas moi difíciles, os xóvenes participantes na proba do Ranking Sub 25 da Federación Galega de Golf (FGG), deron un exemplo de deportividade e profesionalidade ao manterse firmes, a pesares do chaparrón que marcou a xornada do 9 de marzo, ata finalizar os 18 hoyos. Finalmente, resultou gañador Adrián Martínez Blanco, do Ría de Vigo.

Pola súa banda, Pantón acolleu nesa mesma xornada a 2ª proba da Liga Infantil da FGG, na que resultaron vencedores scratch os lucenses Jesús Ouro (74 golpes), Jong Boo Lee (91 golpes) e o grovense Antonio Medrano (45 golpes 9 hoyos) nas categorías infantil, alevín e benxamín respectivamente. Un total de 75 xogadores entre 6 e 25 anos participaron nestas dúas probas disputadas en Pantón.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O xove Pablo Fernández López, do Círculo Chantadino de Xadrez, proclamouse subcampión de Galicia

Seguinte Nova

O PXOM de Pantón mirará polo turismo e as parroquias

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: