Marzo acolleu novas charlas no IES Daviña Rey

Este ciclo de conferencias pon en relación o ensino medio co universitario

O alumnado do IES Daviña Rey seguiu con gran interés o ciclo de charlas impartidas por profesores universitarios. Foto cedida.

O IES Daviña Rey seguiu a desenvolver en marzo o programa «A Ponte», integrado por charlas a cargo de profesores universitarios, que teñen por obxectivo poñer en contacto o ensino medio e o superior. «Física Nuclear: do corazón da materia ao interior das estrelas» foi a última das charlas, impartida ao alumnado de 2ºBacharelato polo profesor Héctor Álvarez Pol, do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Celebración do Día Forestal Mundial en Monforte

Seguinte Nova

Tapeo, música, deseño, deporte e artesanía para celebrar a XXXI Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: