O CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, campión de xadrez do Trofeo Gadis Colegios

Os xogadores do equipo de xadrez do CEIP Xoán de Requeixo. logo de acadar o seu triunfo. Foto cedida.

O pasado 22 de marzo celebráronse en Chantada as probas de xadrez correspondentes ao Trofeo Gadis Colegios, que disputaron os equipos dos chantadinos CEIP Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo, así como o do CEIP Xosé Luis Taboada, de A Barrela, e o do CPI Dr. López Suárez, de Escairón. Con carácter previo a estas probas, cada centro completou o seu propio torneo, cun total de 48 participantes, dos que xogaron a final 12 xadrecistas por colexio.

GRAN NIVEL DOS EQUIPOS CHANTADINOS

Na primeira eliminatoria da final, os equipos dos colexios de Chantada foron superiores, aínda que os de Escairón estiveron preto de empatar cos do Eloísa Rivadulla. Os primeiros postos disputáronnos finalmente ambos colexios chantadinos, resultando gañador do Trofeo Gadis Colegios os xogadores do CEIP Xoán de Requeixo, con 27 dos 36 puntos posibles. O colexio gañador recibiu un trofeo, e todos os participantes recibiron unha medalla e unha gorra vermella, cortesía de Gadis.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Febreiro rexistrou 6.413 parados no sur de Lugo

Seguinte Nova

245 participantes na IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio