O goberno local denuncia a posible supresión de servizos da Axencia Tributaria en Monforte

O grupo de goberno do Concello de Monforte rexistrou unha proposta sobre a reforma da estrutura e organización territorial da Axencia Estatal de Administración Tributaria para ser debatida no vindeiro Pleno Municipal. Esta decisión ven motivada pola publicación no BOE da resolución pola que a Axencia Tributaria só garante á Administración de Monforte un nivel adecuado nos servizos de información e asistencia que se prestan á cidadanía.

NA ADMINISTRACIÓN DE MONFORTE SÓ SE PODERÁN INICIAR OS TRÁMITES

Según explican dende o Goberno municipal, esta resolución pon fin a preto de 28 anos de servizo da Axencia Tributaria en Monforte no referente á prsentación das declaracións de IRPF ou IVE, así como as tramitacións de aprazamentos de pago ou presentación de recursos. A partir de agora, estes trámites poderán iniciarse na oficina de Monforte, pero en moitos casos a revisión ou tramitación final do expediente non poderá facerse na nosa cidade, coa conseguinte necesidade de desprazarse.

“INVITACIÓN AO PECHE DA OFICINA DE MONFORTE”

Dende o grupo municipal do BNG interpretan esta resolución como “unha invitación ao peche da Axencia Tributaria de Monforte, “desmantelando de forma paulatina un servizo público fundamental” e que, segundo reflicte a propia Resolución “non supón incremento de gasto” porque, suliñan dende o Goberno monfortino, “a súa supresión tampouco supón aforro”.

“AFÁN CENTRALIZADOR DO PP PARA AFASTAR OS SERVIZOS PÚBLICOS DA CIDADANÍA”

O grupo municipal do BNG denuncia “o afán centralizador do Partido Popular, coas súas ansias de afastar os servizos públicos da cidadanía, coa escusa da austeridade”, e reclama o mantemento dos mesmos servizos e postos de traballo na Administación da Axencia Tributaria en Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Monforte falou na Xunta sobre a Praza de Abastos e o campo da feira

Seguinte Nova

Os traxes medievais teñen premio en Monforte na XI edición da Feira Medieval

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio