A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sarria (ACES) entregou os premios correspondentes á campaña do Día do Pai. Coas papeletas depositadas pola clientela nos diferentes establecementos levouse a cabo o sorteo, o pasado venres 22 de marzo, de 4 vales de compra por valor de 50 euros cada un, e que corresponderon a Mª Carmen, Leandro López Vázquez, Eva López Beltrán e Eva Rodríguez García. Os establecementos que deron a sorte nesta ocasión foron Panadería Pallares, Senayo, Pastelería Delicias e Calzados Gayoso. Os premios foron entregados nun acto público celebrado na sede da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sarria.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa