Os traxes medievais teñen premio en Monforte na XI edición da Feira Medieval

Un dos atractivos da Feira Medieval de Monforte, que este ano acada a súa undécima edición, é a riqueza na ambientación dos postos e das rúas, ademais do cada vez máis numeroso público que asiste á xornada festiva con atavíos da época medieval. Este ano, e por segunda edición consecutiva, o Concello de Monforte organiza o II Concurso de traxes medievais, incluído no programa de actos da Feira Medieval, o día 30 de marzo.

A ambientación das rúas e os atavíos de época dos participantes son un dos atractivos da Feira Medieval de Monforte, que este ano se celebra o sábado 30 de marzo. Arquivo EC.

INCENTIVAR A VISITANTES E CIDADANÍA A PARTICIPAR DA AMBIENTACIÓN DO MONFORTE MEDIEVAL

Según explican dende o Concello, o obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que vistan os participantes inscritos no certame, de xeito que se incentiva a visitantes e cidadanía a tomar parte na recreación xeral de época da Feira Medieval.

INSCRICIÓN TAMÉN O MESMO DÍA DA FEIRA MEDIEVAL, ATA AS 13 HORAS

Para participar no Concurso de Traxes Medievais é preciso inscribirse oficialmente, trámite que pode realizarse o mesmo día 30 de marzo no punto de información habilitado na Praza de España, en horario de 11 a 13 horas.

PREMIOS E CATEGORÍAS

O concurso establece tres modalidades, individual, parellas e grupos a partir de 5 compoñentes, nas categorías de adultos e infantil, grupo no que se incluirán os participantes ata 12 anos. A organización destinará un total de 875 euros para os premios na categoría de adultos, e de 550 euros na categoría infantil. Os participantes no concurso de traxes medievais concentraranse na Praza de España ás 17 horas, lugar onde serán examinados polo xurado, e a continuación sairán en desfile polas rúas monfortinas. Para valorar os traxes presentados a concurso, o xurado terá en conta a realización artesanal dos traxes, a súa elaboración, riqueza dos complementos, a posta en escea e o rigor histórico. Tamén se valorará a permanencia do participante co traxe posto durante os actos organizados durante a Feira. O fallo do xurado farase público ás 19 horas do 30 de marzo.

CAMPAMENTO TEMPLARIO E TIOVIVO TRADICIONAL

O atractivo da Feira Medieval de Monforte refórzase nesta edición con varias novidades. A Praza de España acollerá un Campamento Medieval Templario, onde haberá unha exposición sobre armas e utensilios medievais, exhibicións de combates, e diferentes obradoiros relacionados coa época: cota de malla, pintura sobre pergamiño ou esgrima medieval. Outra novidade é a instalación, na rúa Dr. Goyanes, dun tiovivo tradicional para os máis pequenos. Ademáis, entre esta praza e o Mercado de Abastos os máis pequenos poderán disfrutar tamén de paseos en burro. Como remate da Feira Medieval, terá lugar un espectáculo de lume polas diferentes rúas do mercado. Esta actividade comezará na Praza de España arredor das nove da noitiña, así como un desfile con fachos ata o Parador de Turismo para asistir á cea medieval.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O goberno local denuncia a posible supresión de servizos da Axencia Tributaria en Monforte

Seguinte Nova

Nova directiva á fronte do CCA Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: