O 28 de abril remata o prazo de inscrición no II Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares

Para a II Carreira Popular Concello de Ribas do Sil, o prazo remata o día 25

Ata o 28 de abril está aberto o prazo para que os interesados en participar no II Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares poidan inscribirse on line, única vía posible, a través da web www.championchipnorte.com. A terceira cita puntuable deste circuíto celebrarase en San Clodio o domingo 28, onde se desenvolverá a II Carreira Popular Concello de Ribas do Sil, tanto en categorías menores como en proba absoluta. Para esta modalidade, o prazo de inscrición remata o xoves 25 de abril, e nas categorías menores poderanse anotar ata as 10,30 horas do mesmo día da proba.

CLASIFICACIÓN ACTUALIZADA DO II  CIRCUÍTO RIBEIRA SACRA DE CARREIRAS POPULARES

Trala celebración da IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, segunda proba puntuable trala carreira de Monforte do 3 de marzo, encabezan a clasificación do II Circuíto Ribeira Sacra nas distintas categorías os seguintes corredores: en masculina, Gerardo Martínez de Castro (categoría A-Ourense Atletismo), Diego Fernández Rodríguez (categoría B – Monforte), Luis Iglesias Raña (categoría C- Atletismo Carballiño), José Manuel Teijeiro Vila (categoría D-Monumental Lugo), Higinio Rodríguez Souto (categoría E -Monte Segade Lugo), e Emilio Estévez Núñez (categoría F- Monforte). En feminina, encabezan Iria Castro Rodríguez (categoría A- Ría Ferrol), Luisa González Somoza (categoría B- Bóveda), Yolanda Gutiérrez Robles (categoría C- New Balance Team), Sonia Teijeiro Ferro (categoría D- Atletas Veteranos Ourense), Sonia Vázquez Rodríguez (categoría E- MTC y Hermanos Loures), e Lisette Halliday (categoría F- Castro de Rei).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os monfortinos Alejandro Fernández (7 anos) e Samuel López (17 anos), ó Campionato de España de Taekwondo

Seguinte Nova

O Plan de Banda Larga da Xunta leva a Sarria as redes de nova xeración

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: