O bar Quiper, gañador do II Concurso de Tapas de Quiroga

A segunda edición do Concurso de Tapas de Quiroga, celebrada do 21 ao 29 de marzo con motivo da Feira do Viño, rematou co triunfo do bar Quiper, que se alzou co primeiro posto deste concurso coa tapa Carrillera de cerdo celta con mousse de foie, aderezada con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Courel ocurri e tella de queixo.

SEGUNDO E TERCER POSTOS

O segundo posto na votación do público foi para a proposta de Adega de María, coa tapa Bacallau en salsa con granizado de amorodo. O terceiro lugar deste podio gastronómico foi compartido pola parrillada Casa Torres e o restaurante O Roxo Vivo. Casa Torres competiu coa tapa Timbal de bacallau con salsa de queixo e mel da comarca, mentres que O Roxo Vivo presentou a concurso a tapa Saquiño de millo recheo de bacallau con pementos do piquillo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Queixo do Cebreiro, “fonte de riqueza que promete un futuro próspero”

Seguinte Nova

Preocupación institucional polas consecuencias da crise inmobiliaria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: