O equipo do IES A Pinguela, finalista do Reto Alcoa

Na súa primeira participación, o instituto monfortino acadou a mellor puntuación da provincia, e o 26 de abril participará na final na Escuela de Negocios ESADE de Madrid

Os integrantes do equipo finalista do Reto Alcoa, Lorena Casanova Guedes, Rubén Díaz Díaz, e César Valcárcel Pérez, xunto ó profesor responsable, Enrique Sampil, director do IES A Pinguela. Foto cedida.

Un grupo de alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES A Pinguela de Monforte participará o 26 de abril na final do certame Reto Alcoa, que terá lugar na Escuela de Negocios ESADE de Madrid. Logo de 4 meses de competición, este certame, que acada a súa undécima edición organizado pola Fundación Alcoa, contou coa participación de centros de ensino de toda España, e o instituto monfortino acadou a puntuación e o beneficio foron os maiores de todos os participantes (760 puntos e 163.394 euros). O certame Reto Alcoa consiste nunha simulación virtual de estratexias empresariais, nas que compañías virtuais, integradas por estudiantes, compiten na producción e venda virtual dun producto hipotético. Na competición, os estudiantes teñen que procurar que as súas decisións convirtan o seu producto nun éxito de mercado. A puntuación está baseada nos beneficios obtidos, pero tamén na cota de mercado alcanzada e niveis de inversión en inmovilizado, I+D e marketing.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES A Pinguela de Monforte, subcampeón do certame Parlamento Xove 2013

Seguinte Nova

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sober aposta pola rehabilitación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: