O IES A Pinguela de Monforte, subcampeón do certame Parlamento Xove 2013

Os debates tiveron lugar no Parlamento de Galicia, e resultou gañador o IES de Foz

O equipo do IES A Pinguela, subcampión do Parlamento Xove 2013, estivo composto por Pablo Casas Quiroga, Tania Fernandez Rodríguez, Sara Moure López, Sandra Piñeiro Pedreira e o director do centro, Enrique Sampil. Foto cedida.

Do 5 ao 6 de abril desenvolvéronse en Santiago de Compostela os debates da fase final do certame Parlamento Xove 2013. O equipo procedente do IES A Pinguela de Monforte, integrado por Pablo Casas Quiroga, Tania Fernández Rodríguez, Sara Moure López, Sandra Piñeiro Pedreira e o director do centro, Enrique Sampil, acadaron o segundo posto da clasificación final, por detrás do campión, o IES de Foz. Nesta edición do Parlamento Xove participaron un total de 48 centros públicos e privados de toda Galicia, o que supuxo a maior participación na historia deste certame. Os debates desenvolvéronse no Parlamento Galego, institución que aportou a súa sede para esta competición. O acto institucional estivo presidido pola Presidenta do Parlamento Galego, Pilar Rojo, a secretaria segunda da Cámara, Marisol Soneira, a Conselleira de Traballo e Benestar, o Director Xeral de Xuventude e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. O instituto monfortino xa acadara o subcampionato na pasada edición, e este ano tamén conseguiu o terceiro posto na modalidade de ESO.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Programa de mellora da excelencia no IES A Pinguela.

Seguinte Nova

O equipo do IES A Pinguela, finalista do Reto Alcoa

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio