O Plan de Banda Larga da Xunta leva a Sarria as redes de nova xeración

As localidades lucenses de Sarria e Vilalba xa se inclúen no grupo de municipios que dispoñen de núcleos directamente conectados á rede de telecomunicacións de última xeración (NGAs) que o operador R está a despregar en toda Galicia, dentro das accións do Plan de Banda Larga 2010-13 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Arestora, máis de 6.500 habitantes destes concellos lucenses (duns 4.425 fogares e empresas) teñen acceso a redes de nova xeración, e está previsto chegar proximamente a preto de 15.900 persoas (duns 11.900 fogares e empresas) que poderán conectarse a redes de 100 e de ata 200 megas. Nas tarefas de despregamento de rede nos concellos de Sarria e Vilalba o operador galego leva investidos máis de 8,8 millóns de euros e deixará estendidos preto de 58 quilómetros de fibra óptica e 31 quilómetros de canalización (obra civil) nestes municipios lucenses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 28 de abril remata o prazo de inscrición no II Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares

Seguinte Nova

Medio Rural amplía ata o 15 de maio o periodo de cortas polo nematodo do piñeiro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: