O Pleno de Chantada aproba unha moción dos nacionalistas contra a suba do canon de Sogama

Foi aprobada coa abstención do PP

O Pleno do Concello de Chantada aprobou o pasado 2 de abril, cos votos dos nacionalistas, do Psoe e do INTA, e coa abstención do PP, unha moción presentada polos concelleiros Ildefonso Piñeiro, Xesús Mazaira e Olga Otero contra a suba do canon de Sogama. Os responsables desta iniciativa protestan polo anuncio da Xunta de Galicia de aprobar unha suba do canon que Sogama lles cobra ós concellos, e que se estima, según explican estes concelleiros, nun encarecemento de 12 euros no recibo de lixo por familia. Os firmantes da moción cualifican este anuncio como «un novo golpe da Xunta de Galicia ao peto dos cidadáns coa excusa da crise», e que virán compensar a merma que para Sogama suporán os cambios do regulamento do sector eléctrico. Estes cambios suporán que Sogama deixará de ingresar uns 13 millóns de euros pola venda de enerxía que se xenera coa icineración dos resíduos.

DENUNCIAN QUE OS CIDADÁNS SEXAN «OS PAGANOS DUNHA CRISE QUE NIN PROVOCAMOS NIN NOS ENRIQUECIMOS CON ELA»

Os concelleiros que presentaron a moción suliñaron que «o Presidente da Xunta xa confirmou estes datos, porque os plans que manexa a empresa pasan por aumentar a fonte de ingresos máis doada, a que pagan os cidadáns a través do canon, e así compénsase o que se deixa de ingresar polo negocio eléctrico».

«NOVA FALLA DE RESPECTO ÓS CIDADÁNS ANTES E DESPOIS DUNHAS ELECCIÓNS»

Os concelleiros Piñeiro, Mazaira e Otero criticaron, na moción presentada en relación a este tema, que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, declarara en setembro de 2012 que «a Xunta non se plantexa encarecer o canon, e menos no escenario actual, o sistema é sostible e viable financieramente», cando faltaba un mes para as eleccións autonómicas. Os concelleiros chantadinos lembraron que, sen embargo, o conselleiro recuou dicindo a mediados de marzo que «o momento é malo, pero o futuro de Sogama pasa por subir o canon». Os nacionalistas chantadinos interpretan este «cambio de plans» como «unha nova falla de respecto ós cidadáns antes e despois dunhas eleccións». A moción aprobada en Pleno coa abstencion do Partido Popular propuxo «o rexeitamento desta suba, por desmesurada, fóra de lugar e por lesiva para a cidadanía que, unha vez máis, é a que paga os pratos rotos dunha crise que non provocaron», así como «dar traslado deste acordo ao Consello de Administración de Sogama, á Consellería de Medio Ambiente e á Presidencia da Xunta de Galicia».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obradoiros de educación audiovisual e fomento da lectura

Seguinte Nova

A presión cidadá tumbou o PXOM de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: