O Queixo do Cebreiro, “fonte de riqueza que promete un futuro próspero”

Así o afirmou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante a lectura do pregón da XXVII Feira do Queixo do Cebreiro. Na súa intervención, e logo de repasar as orixes deste produto vinculado á chegada dos monxes bieitos a Galicia, e a súa aceptación polos monarcas españois e portugueses do século XVIII, o titular provincial destacou as oportunidades laborais que na actualidade ofrece a produción e comercialización do Queixo do Cebreiro. Besteiro cualificou este produto como “unha das mellores armas coas que facer fronte á sangría demográfica desta provincia, así como unha fonte de riqueza que promete un futuro próspero neste duro presente”. Asimesmo, o presidente provincial destacou que o Queixo do Cebreiro foi o primeiro produto incorporado á plataforma de comercio electrónico da Deputación www.losproductosdelugo.com.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A oposición freou a aprobación dos Orzamentos municipais de Monforte

Seguinte Nova

O bar Quiper, gañador do II Concurso de Tapas de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: