O sarriao Roberto Lolo rodou na súa vila con alumnado da Fundación TIC

Lolo rodou varias secuencias da súa nova curtametraxe “Sister’s dreams”

O director sarriao Roberto Lolo (á dereita) nun momento de rodaxe da súa filmografía. Foto cedida.

O director sarriao Roberto Lolo gravou na cafetería Lúa varias secuencias da súa nova curtametraxe, titulada “Sister´s dreams”, en colaboración co alumnado da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC de Lugo. Un grupo de estudantes do ciclo de Realización da EIS formaron parte do equipo técnico, apoiando ós profesionais nos postos de cámara, son e iluminación.

A RELACIÓN DE DÚAS IRMÁNS A TRAVÉS DOS SOÑOS

A nova curta escrita, producida e dirixida por Roberto Lolo conta a historia de “dúas irmáns ás que une un sentimento de odio mutuo, que tan só poden materializar a través dos sonos”, segundo explica o cineasta lucense. “Sister´s dreams” ten como protagonistas ás actrices madrileñas María de Miguel e Ana Calabozo, coas que Lolo mantén unha estreita relación profesional. Esta é a segunda colaboración que a Fundación TIC mantén co cineasta Roberto Lolo, logo de participar na gravación e na estrea da curta “Triste Soledad de un Violinista”, na que a cantante Soraya Arnelas e o actor Alberto Amarilla desempeñaron os papeis principais. A estrea deste traballo tivo lugar no Pazo de San Marcos, coa asistencia dos protagonistas e ducias de persoas. Nestes días, a produtora lucense Coolfilms tamén rodou en Sarria esceas da mediametraxe “O Crime da Legua Dereita” de Luis Noriega e Jordi Santos, co apoio técnico do alumnado da EIS.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Posible servizo de mediación intraxudicial en Lugo

Seguinte Nova

A elaboración de compost doméstico cumpre os obxectivos de calidade na nosa provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio