Colexios de Monforte e Chantada, inician estas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo
O CEIP Xoán de Requeixo, en Chantada, e o CEIP de Monforte están a acoller nestes días a realización de diversos obradoiros integrados no programa «Qontos en Movemento», posto en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración con OQO Editora. Según informaron os responsables provinciais, o obxectivo destes obradoiros é empregar de xeito simultáneo o audiovisual e a literatura oral e escrita como ferramenta educativa «moi potente». O programa desenvolverase en 18 centros de ensino de Lugo con máis de 20 obradoiros teórico-prácticos, nos que se procura espertar «a capacidade crítica e o gusto pola lectura dos cativos de educación primaria», a través do cine. Nos obradoiros traballarase con filmes de OQO, baseados nos seus contos, para incidir na complementariedade de ambas linguaxes e demostrando como a animación lectora tamén se pode realizar desde a educación audiovisual.
APROVEITAR AS POSIBILIDADES DO AUDIOVISUAL NO ENSINO
“Qontos en movemento” parte do feito de comprobar como algunhas xeracións continúan a considerar os medios audiovisuais unha novidade tecnolóxica que os supera. Tamén coma unha canle chea de prexuízos en canto ao seu valor pedagóxico. Consecuentemente, a súa ensinanza está a ser relegada ao adestramento técnico e continúase a alimentar unha imaxe negativa sobre os seus nocivos efectos. Asemade, é frecuente culpar a estes novos medios das cifras alarmantes de caída de hábitos da lectura na infancia. Esta programación aprovéitanse as características dos novos medios para potenciar a literatura, espertar o gusto pola lectura e pola arte, e desenvolver a capacidade de crítica e pensamento.