Posible servizo de mediación intraxudicial en Lugo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse cos representantes da Asociación Galega de Pais e Nais Separados a estudar a posibilidade de estender o servizo de mediación intraxudicial familiar nos xulgados de Lugo. Este servizo funciona “con éxito” nos xulgados de Santiago e Ourense e recentemente ampliouse aos de Vigo. O obxectivo do servizo de mediación intraxudicial é impulsar a resolución dos conflitos familiares pola vía do diálogo e o consenso, unha fórmula que todos os profesionais consideran “idónea” nos casos de separacións e divorcios, especialmente cando hai por medio fillos e fillas menores. Ademais, este tipo de mediación -que se leva a cabo cando o proceso xudicial xa está iniciado- aforra tempo e cartos nos procesos, diminúe a carga de traballo e, especialmente, reduce os custes emocionais dos participantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A presión cidadá tumbou o PXOM de Monforte

Seguinte Nova

O sarriao Roberto Lolo rodou na súa vila con alumnado da Fundación TIC

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio