Dentro desta programación, o instituto monfortino desenvolverá un obradoiro de fotografía, o 3 e 4 de maio, impartido por Emilio Romanos. O curso, organizado en colaboración coa ANPA do centro, é gratuíto para o alumnado. Asimesmo, o debuxante Xosé Tomás impartirá o 17 de abril un obradoiro de banda deseñada, incluído tamén nesta programación e con carácter gratuíto. Estas actividades complétanse co obradoiro de Casas-tella, xa en marcha, impartido pola artesá Loli López Vázquez. O alumnado interesado en participar no curso de fotografía e no obradoiro de banda deseñada debe rá apuntarse na Vicedirección do Centro. Por outra banda, o IES A Pinguela rematou o ciclo de conferencias impartidas por profesores e investigadores da USC, adicando as dúas últimas sesións á neurogastronomía e ó consumo responsable co medio ambiente.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo
• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de
• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia