Aposta pola veciñanza no rural en Brollón

•O programa Conciénciate, con actividades para todas as idades, busca favorecer a dinamización social e a conciliación familiar e laboral

Conscientes dos cambios que a sociedade está a experimentar nos últimos tempos, e co obxectivo de mellorar a calidade de vida no medio rural, dende o Concello de A Pobra do Brollón vaise pór en marcha dende o mes de maio o programa Conciénciate, unha iniciativa pioneira na provincia de Lugo que conta coa colaboración da Área de Benestar da Vicepresidencia da Deputación.

FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CIDADÁ E LOITAR CONTRA O ILLAMENTO

Según explicaron os responsables municipais, é obriga dos Concellos, como administracións máis próximas ós cidadáns, ofrecer resposta ós novos retos da sociedade actual, promovendo a participación cidadá en diferentes actividades que busquen a convivencia e a experiencia conxunta para facer fronte ó risco de illamento que supón a dispersión territorial e o alto índice de avellentamento.

COÑECEMENTO, CONVIVENCIA E HÁBITOS SAUDABLES, PIARES DO PROGRAMA CONCIÉNCIATE

Con esta finalidade, o programa Conciénciate está deseñado sobre diversas liñas de actuación, como o coñecemento da nosa historia, tradicións e tultura, a educación en valores, a convivencia e a educación para a saúde, o desenvolvemento físico saudable e a creatividade e participación. A boa aceptación deste programa por parte da veciñanza de A Pobra do Brollón vese nas cifras: en 2012 as diversas actividades da iniciativa Conciénciate foron seguidas por máis de 200 persoas. As actividades incluídas neste programa abranguen a todos os públicos, dende os máis novos ata os nosos maiores, tendo en conta actuacións específicas orientadas á mocidade, e tamén obradoiros que responden ás necesidades da poboación adulta en materia de formación e ocio sostible.

LUDOTECA, CAMPAMENTO URBÁN, OBRADOIROS E IDIOMAS, ORIENTADOS ÓS CATIVOS

Para os máis pequenos, o programa Conciénciate ofrece un calendario de animacións seguindo as celebracións do ano (as Letras Galegas ou o Entroido, entre outros), así como obradoiros de monicreques, teatro e contacontos. As actividades da Ludoteca tamén están incluidas no Conciénciate, con excursións, xogos, festas infantís e actividades de temática social. Este programa tamén ofrece formación ós cativos en idiomas e novas tecnoloxías, a través dun curso básico de informática e un curso de Lingua Inglesa para primaria e secundaria. Asimesmo, o campamento urbán de verán inclúe xogos deportivos, de mesa e educativos, teatro, modelaxe, xogos acuáticos e proxección de películas.

SENDEIRISMO, BÚSQUEDA DE EMPREGO, INFORMÁTICA E INGLÉS PARA A MOCIDADE

Ocio, formación e orientación laboral son as liñas básicas sobre as que se desenvolven as actividades do programa Conciénciate dirixidas á mocidade. O Concello de Brollón ofrece para esta banda de idade un curso de informática orientado ao aproveitamento dos programas básicos de funcionamento, e un curso básico de Lingua inglesa, así como un curso de técnica de búsqueda de emprego. Dentro da oferta de ocio, o programa Conciénciate inclúe varios ciclos de proxección de películas e debate das mesmas, e a realización de diversas rutas de sendeirismo.

ACTIVIDADES PARA ADULTOS

Unha fórmula similar é a ofrecida á poboación adulta, cun curso básico e elemental de inglés, outro de búsqueda de emprego, e actividades lúdicas vinculadas ó sendeirismo e a excursións para coñecer os lugares máis singulares e fermosos do municipio.

BENESTAR FÍSICO E MENTAL EN CONVIVENCIA PARA OS NOSOS MAIORES

O programa Conciénciate pon especial atención á banda de idade dos nosos maiores, deseñando para eles actividades que fomenten a relación social, evitando o illamento, e a actividade física e mental, para unha mellor calidade de vida. Talleres de memoria e actividades cognitivas a base de xogos, ximnasia de mantemento, pintura e manualidades impártense nos locais sociais das parroquias. O programa para os maiores compleméntase con excursións culturais e unha visita mensual ó Balneario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Posta a punto da rede de estradas provinciais co Plan de Rebacheo 2013

Seguinte Nova

Mercados de Monforte xa ten calendario ata xullo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio