As administracións explican ós alcaldes lucenses o convenio de desfiuzamentos

Xunta e Fegamp organizaron o encontro

A actuación das administracións diante dos desfiuzamentos foi o obxecto da reunión de traballo mantida en Lugo o pasado 18 de abril entre os responsables da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e os alcaldes da nosa provincia. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o vicepresidente executivo da Fegamp, Alfonso Villares, e outros responsables autonómicos explicaron ós rexedores locais da provincia as medidas que implica a posta en marcha do convenio de desafiuzamentos recentemente asinado entre o Consejo General del Poder Judicial, o Goberno galego e a Federación de Municipios. Tanto Arias como Villares coincidiron na importancia de “poñer en marcha medidas e establecer mecanismos” para detectar e poder actuar en casos de especial necesidade en materia de desafiuzamentos, para o que é precisa a “colaboración entre administracións e xuíces. Según explicaron os responsables autonómicos, grazas a este convenio, recentemente asinado entre o presidente da Xunta, o presidente do Consejo General del Poder Judicial, e o presidente da Fegamp, na nosa comunidade poderase “traballar con antelación e actuar con eficacia” cando se produza unha situación de especial vulnerabilidade. Os xuíces comunicarán á Xunta cando se produza unha situación de estas características que, automaticamente, se porá en contacto cos servizos sociais dos concellos para que realicen unha valoración provisional da situación de cada familia. De forma complementaria, o Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios da Consellería de Traballo e Benestar estudará posibles solucións, ben a través dos programas de inclusión social ou menores, ben analizando co Instituto Galego de Vivenda e Solo a aplicación dun programa de realoxo dos afectados.

MEDIDAS DA XUNTA FRONTE Ó DRAMA DOS DESFIUZAMENTOS

Dende a Xunta lembraron que Galicia ten sido pioneira na sinatura deste convenio entre a Administración autonómica, concellos e xuíces. Ademais, a Xunta introduciu na Lei de Vivenda medidas como o aprazamento ou fraccionamento de pago en vivendas de promoción pública e a dación en pago das vivendas protexidas. Ademais, púxose en marcha o programa de realoxo de colectivos afectados por execucións hipotecarias, que ofrece ata 500 vivendas de promoción pública ou incorporadas no Programa Aluga a colectivos sociais afectados por desafiuzamentos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O comercio de Sarria celebra con premios o Día da Nai

Seguinte Nova

En marcha o programa Tempos para maiores e personas con capacidades diferentes no sur de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

     
A %d blogueros les gusta esto: