Comercio e hostelería puntúan con notable alto á Feira Medieval de Monforte

Este foi o resultado dunha enquisa realizada pola Concellería de Cultura a 113 comerciantes e hosteleiros sobre diferentes aspectos da Feira Medieval. Así, o 73% dos enquisados abriron o seu establecemento durante toda a xornada que durou a Feira, e o 90% manifestaron estar bastante ou moi satisfeitos con esta celebración. En canto á organización do evento, o 78% amosáronse satisfeitos con este aspecto da Feira Medieval, e o 50% declaráronse satisfeitos en canto ós resultados económicos derivados desta xornada. As actividades de animación desenvolvidas durante a xornada festiva tiveron o aplauso do 88% dos enquisados, mentres que o 79% valoraron positivamente a ambientación e engalanado das rúas e espazos públicos para a Feira Medieval. Un 94% dos enquisados manifestáronse a favor de que a vindeira edición da Feira Medieval se celebre durante dous día, ben de venres a sábado ou de sábado a domingo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo impulso á produción do porco celta en Galicia

Seguinte Nova

Balseiro: “A xerente do Sergas desminte o desmantelamento do Hospital de Monforte”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: