En marcha o programa Tempos para maiores e personas con capacidades diferentes no sur de Lugo

Con preto de 450 participantes

Nestes días tivo lugar no sur de Lugo a posta en marcha das actividades integradas no programa Tempos, unha iniciativa promovida e financiada pola Área de Benestar da Vicepresidencia da Deputación co obxectivo de favorecer o desenvolvemento psicomotriz de persoas maiores ou con capacidades diferentes. O programa Tempos desenvolverase en concellos de menos de 5.000 habitantes. Este programa, que conta con preto de 450 participantes pertencentes a 20 asociacións de maiores e 7 de persoas con capacidades diferentes, desenvólvese con periodicidade semanal. Os participantes no programa Tempos acuden a talleres de ximnasia de intensidade baixa ou moderada, impartidos por monitores especializados, e que están dirixidos a estimular as súas capacidades motrices e cognitivas mediante xogos.

BOA ACOLLIDA

Tanto os participantes como os monitores e as familias destacan as vantaxes deste proxecto, que ten por obxectivo garantir o benestar das persoas con capacidades diferentes e dos maiores dos concellos con menos de 5.000 habitantes.

APOSTA PROVINCIAL POLA POBOACIÓN DO MEDIO RURAL

O programa Tempos está promovido e financiado pola Área de Benestar da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O responsable deste departamento, Antonio Veiga, suliñou que “estas actividades tamén están dirixidas a evitar o illamento no caso dos maiores, e a mellorar as habilidades sociais das persoas con capacidades diferentes no rural lucense”. O vicepresidente provincial destacou que “é a nosa obriga fomentar a igualdade de oportunidades con independencia da idade, as capacidades de cada un e o lugar de residencia”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As administracións explican ós alcaldes lucenses o convenio de desfiuzamentos

Seguinte Nova

O establecemento Merceditas, de Chantada, galardoado pola súa traxectoria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio