Máis de 500 participantes na proba celebrada o 20 de abril
A proba absoluta contou con 332 corredores, e preto de 200 rapaces participaron nas categorías menores


Chantada celebrou a IV Carreira Popular o pasado 20 de abril, nunha soleada tarde que congregou a participantes e curiosos na Praza do Cantón para ver a saída das diferentes categorías. Máis de 500 corredores tomaron parte nesta iniciativa deportiva, que tivo gran acollida polos máis novos, xa que foron máis de 200 os rapaces inscritos na proba. A categoría absoluta acadou unha boa convocatoria, cun total de 332 corredores procedentes de diversos puntos de Galicia.
