Lucía López Sobrado, bicampeona provincial escolar de Orientación

O pasado mércores 10 de abril, alumnos e alumnas do IES Daviña Rey de Monforte participaron por segundo ano consecutivo no Campionato Provincial Escolar de Orientación, que tivo lugar no Parque do Hotel Balneario de Guitiriz. A proba provincial, que presentaba un percorrido, variable según as categorías, de entre 2.800 e 3.500 metros, contou coa participación dun total de 47 alumnos, dos cales 10 clasificáronse para o Campionato Galego Escolar do 26 de abril no Barco de Valdeorras.

PARTICIPACIÓN DESTACADA DO ALUMNADO DO IES DAVIÑA REI NAS DIFERENTES CATEGORÍAS

Na proba celebrada en Guitiriz, a alumna do IES Daviña rey Lucía López Sobrado repetiu o primeiro premio do Campionato Provincial Escolar de Orientación na categoría infantil feminina, que xa gañara o pasado ano. Nesa mesma categoría cabe destacar a actuación de Sara Rodríguez Barrientos, que acadou o quinto posto, e de Joana Méndez Pereira, que logrou a undécima posición. Pola súa banda, na categoría de infantil masculino, Dilan Bischof rematou a proba na cuarta posición, e Jorge Froilán Pérez García acadou o oitavo posto. Na categoría de cadete feminino, Sonia Rodríguez Vázquez conseguiu a cuarta posición, e Laura Correas Martínez a duodécima. Asimesmo, na categoría cadete masculino, Iván López López rematou en sexta posición, Óscar Castro Unsaín en oitava, e Héctor López Taboada na decimoquinta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A I Subida Terra de Lemos traerá por vez primeira a Monforte as carreiras automobilísticas

Seguinte Nova

Monforte acolleu a fase final do Campionato Galego de Voleibol Infantil na categoría feminina

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio