Mercados de Monforte xa ten calendario ata xullo

Dende o Concello traballan na elaboración dos eventos do segundo semestre

Os queixos de calidade foron protagonistas, entre outros produtos, dos Mercados celebrados en abril. EC.

O Espazo Expositivo da Praza de Abastos está a funcionar como dinamizador do centro urbano da vila do Cabe coa celebración dos Mercados de Monforte. Estas citas temáticas que se veñen desenvolvendo dende o segundo semestre do ano pasado contan cunha boa acollida tanto por parte do público como dos expositores participantes.

SINGULARIDADE DA OFERTA DOS MERCADOS DE MONFORTE

Así o manifestou a concelleira de Promoción Económica de Monforte, Mª Xosé Vega, quen destacou “moi positivamente” os mercados celebrados ata o momento “tanto polas vendas como polo propio espazo”, e polo feito de que “achegan ó consumidor unha variedade de oferta sobre un mesmo produto que ás veces é difícil de atopar”. Esta singularidade está a ser valorada polo público, que no caso do anterior Mercado adicado ós queixos respondeu moi favorablemente á proposta dos Mercados. Esta acollida fixo que dende o Concello puxeran en marcha na recente edición deste Mercado “unha iniciativa novidosa, que consiste en traer un país invitado ou unha Denominación de Orixe invitada, sempre co ánimo de sumar e non de restar”, explicou Mª Xosé Vega. Pola súa parte, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, explicou que o Mercado de Produtos de Excelencia de Galicia e Norte de Portugal, organizado a mediados de abril polo Concello de O Barco a través do Eixo Atlántico, estivo enfocado “á promoción e posta en valor de pequenos produtores que traballan de maneira tradicional e cunha calidade excepcional”. O alcalde de Monforte comentou que foi a primeira vez que unha organización externa utiliza o espazo central da Praza de Abastos para organizar un mercado, algo que “nos indica que estamos no camiño correcto en canto ó esforzo por promover este espazo”. Severino Rodríguez avogou por realizar o maior número de acontecementos posible coa intención de que “sirvan para atraer a máis xente”.

Os Mercados de Monforte están a dinamizar o centro urbano da vila nas fins de semana. EC.

PRÓXIMAS CITAS NOS MERCADOS DE MONFORTE

A concelleira de Promoción Económica adiantou que o calendario dos Mercados de Monforte está xa determinado ata xullo. Así, no mes de maio haberá dous mercados, o de Plantón de Horta e Flor, os días 11 e 12, e a segunda cita será co Mercado de Chacinaría, os días 18 e 19. Xa no mes de xuño , o Espazo Expositivo da Praza de Abastos de Monforte acollerá un mercado titulado “Mundo Ovo”, que terá lugar os días 8 e 9, e que estará centrado nos produtos relacionados con este alimento básico. O segundo Mercado de xuño estará adicado ó Pan, Empanadas e Doces, durante os días 22 e 23. En xullo desenvolverase o Mercado Agroecolóxico, os días 6 e 7, e o Mercado de Conservas Galegas, os días 13 e 14.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aposta pola veciñanza no rural en Brollón

Seguinte Nova

O Camiño Francés recibiu un 67% máis de peregrinos no que vai de ano

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio