O pasado 21 de abril, o Pavillón de A Pinguela foi o esceario dos partidos da fase final do Campionato Galego de Voleibol Infantil feminino, probas simultáneas ás da categoría masculina que se disputaron na capital provincial.
AS MONFORTINAS DA A.D. A PINGUELA SUPERARON A PRIMEIRA SEMIFINAL
As xogadoras da A.D. A Pinguela disputaron a primeira semifinal contra as do Liceo de A Coruña, mentres que o Emevé batiuse na outra semifinal co Pontevedra A. As monfortinas lograron a victoria na primeira semifinal nun partido moi igualado, e a segunda proba rematou con resultado favorable ás lucenses do Emevé, que superaron ás pontevedresas nun encontro sen complicacións.
A.D. A PINGUELA INFANTIL, PRATA NO CAMPIONATO GALEGO
As xogadoras monfortinas víronse as caras na final coas que serían campionas de Galicia por segundo ano consecutivo. O resultado de 3-0 deste partido demostrou o bo estado de forma e de xogo das xogadoras lucenses do Emevé, que veñen de facer unha tempada impecable sen derrotas, según confirman dende a Federación Galega de Voleibol. O traballo e esforzo das coruñesas do Liceo veuse premiado co acceso ó terceiro posto na competición galega. Serán finalmente as xogadoras do Emevé de Lugo as que representarán a Galicia nesta categoría no Campionato de España, que se disputará en Barcelona do 22 ó 26 de maio.