Dende mediados de abril e ata o 5 de maio, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) está a desenvolver a campaña do Día da Nai, en todos os establecementos asociados. A través do xa tradicional sistema de reparto de papeletas entre os clientes con cada compra que realicen, e co posterior sorteo público de entre todas as papeletas recollidas nos distintos locais comerciais, ACES agasallará ós titulares das papeletas premiadas con tres vales de 50 euros cada un, así como unha cea para dúas persoas nun restaurante asociado á ACES. O sorteo, aberto ó público, terá lugar no local da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria o vindeiro 8 de maio ás 16,30 horas.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece