O establecemento Merceditas, de Chantada, galardoado pola súa traxectoria

Dentro da iniciativa institucional da “Semana do teu Comercio”

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, na homenaxe á propietaria do establecemento chantadino Merceditas. FC.

O veterano establecemento Merceditas, na Praza de Santa Ana de Chantada, recibiu a homenaxe oficial pola súa traxectoria de 68 anos no eido comercial da man da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde Manuel Varela. Durante a entrega do premio da Semana do teu Comercio, Arias destacou a importancia do comercio como “elemento dinamizador da economía e sociedade locais” na nosa provincia, e destacou “o bo facer dos negocios locais, como Merceditas, que souberon adaptarse aos tempos acadando a pervivencia do negocio a través da calidade e proximidade ao cliente”. Asimesmo, Raquel Arias gabou o papel do Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra “a prol da dinamización comercial e dos preto de 150 asociados que o integran”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha o programa Tempos para maiores e personas con capacidades diferentes no sur de Lugo

Seguinte Nova

Quiroga organiza un obradoiro de Scrapbook en Maio

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio