O taekwondo bate con forza en Monforte

O Campionato Provincial en Idade Escolar amosou a boa canteira do taekwondo monfortino

Organizado polo Gimnasio Neka, o Campionato congregou a preto de 200 deportistas

Foto de familia dos membros do Gimnasio Neka, participantes no Campionato Provincial en Idade Escolar, logo de acadar once medallas. EC.

 

Podium da categoría benxamín feminino. EC.

 

Podium da categoría benxamín masculino. EC.

Un total de once medallas do Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar foron conseguidas polos deportistas do Gimnasio Neka, que este ano actuaba de anfitrión da proba provincial, disputada no Pavillón Municipal de A Pinguela de Monforte o pasado 20 de abril. Preto de 200 taekwondistas procedentes de varios clubes da provincia de Lugo participaron nas diversas categorías escolares deste Campionato, que tamén contou cunha espectacular exhibición a cargo dos compoñentes do clube Jansu.

Podium da categoría cadete feminino. EC.

 

Podium da categoría cadete masculino. EC.

 

 

MEDALLEIRO DOS MONFORTINOS NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR

Os deportistas do Gimnasio Neka obtiveron postos en boa parte dos podios, e amosaron a boa saúde dunha canteira onde a ilusión e o traballo constante, tanto individual como en grupo, son as súas señas de identidade. Este esforzo estase a ver recompensado cos resultados en competición. Así, na categoría de cadete feminino, as deportistas do Gimnasio Neka Sabela González Seijas e Meritxell Varela Jorge acadaron o primeiro e terceiro posto, respectivamente. En cadete masculino, Juan Veloso Varela logrou o segundo posto. Na categoría de infantil masculino, o Gimnasio Neka amosou un dominio absoluto do podio; Samuel López acadou o primeiro posto, Carlos Rey o segundo, e Alejandro Losada acadou o terceiro posto, compartido cun deportista do clube Escola Lucense.

Podium da categoría prebenxamín feminino. EC.

 

Podium da categoría prebenxamín masculino. EC.

 

Podium na categoría de infantil masculino. EC.

En benxamín masculino, Brais Rodríguez logrou o segundo posto no podio. Nas categorías de prebenxamín, as deportistas Nerea Fernández e Sidney Rodríguez lograron o primeiro e terceiro posto, respectivamente, na modalidade feminina, mentres que na masculina Alejandro Fernández, recente campión de España, e Marco García, acadaron o primeiro e terceiro posto, respectivamente, sendo o bronce compartido cun deportista do clube Escola Lucense. O palmarés do Gimnasio Neka complétase coa boa actuación dos deportistas Manuel Veloso (quinto en infantil masculino), José Roca (quinto en alevín masculino), e Ana López (quinta na categoría benxamín feminino). A vindeira cita para os monfortinos clasificados será o 4 de maio en Ourense, para disputar o Campionato Galego Escolar.

Un momento da exhibición realizada polo clube Jansu durante o Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo celebrado en Monforte. EC.

 

Alejandro Fernández Franjo (7 anos), Campión de España

O rapaz monfortino Alejandro Fernández Franjo, campión de España de Taekwondo. (Foto cedida).

O xove deportista monfortino Alejandro Fernández Franjo, de 7 anos, acadou o ouro no Campionato de España celebrado o pasado 14 de abril. Alejandro, do Gimnasio Neka, obtivo o mellor resultado na categoría benxamín masculino, e foi un dos dous únicos representantes galegos que chegaron a podio na competición nacional. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pulo ao polígono industrial de Chantada

Seguinte Nova

Éxito de participación da IV Carreira Popular de Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: