Quiroga organiza un obradoiro de Scrapbook en Maio

A Área de Xuventude do Concello de Quiroga organiza para o mes de maio o Obradoiro de Scrapbook, na súa segunda edición. Esta actividade desenvolverase os luns a partir do 6 de maio, en horario de 18 a 20 horas na aula da Ludoteca municipal. Segundo explicaron os responsables desta iniciativa, o scrapbooking é unha técnica coa que se personalizan álbumes de fotos, e permite realizar tarxetas de todo tipo ou modificar o deseño de diferentes obxetos como carteiras, libretas, carpetas, etc. O scrapbooking permite, mediante o desenvolvemento de procesos creativos, realizar composicións de recordos a través de fotos e outros obxetos. As inscricións para o Obradoiro de Scrapbook realizaranse na Casa da Cultura, ou chamando ó teléfono 982 435 125. Asimesmo, a concellería de Educación, Benestar e Igualdade desenvolveu durante os mércores de abril un obradoiro de iniciación á costura. Esta actividade, cunha duración de tres horas por sesión no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro, céntrase en amosar as técnicas máis básicas en canto a puntadas, arranxo de prendas e iniciación ao patronaxe e á confección; desenvolverase todolos mércores durante tres hora.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O establecemento Merceditas, de Chantada, galardoado pola súa traxectoria

Seguinte Nova

Recoñecemento á sostibilidade da oliveira en Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: