6 millóns de euros de axudas de Medio Rural para o fomento dos seguros agrarios

O Diario Oficial de Galicia do 10 de maio publicou unha Orde da Consellería de Medio Rural e Mar pola que se establecen as bases das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios na nosa Comunidade Autónoma e se convocan para o ano 2013. O obxectivo é fomentar que un maior número de gandeiros e agricultores se poidan beneficiar das vantaxes dos seguros, por exemplo, facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións debido a axentes alleos coma o clima, enfermidades e outros. As axudas van destinadas ós asegurados titulares das explotacións agrarias situadas na nosa Comunidade e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2013 e liñas gandeiras dos plans 2012 e 2013, así como titulares de piscifactorías de troitas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A investigadora monfortina e doctora en Historia da Arte Manuela Sáez coordina en Nápoles o congreso “Nápoles en tiempo de Manso-Lemos”

Seguinte Nova

Presentadas as VII Xornadas Xurídicas de Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: