A Deputación mellorou con medios propios infraestruturas en 10 parroquias do municipio de Bóveda
As parroquias de Guntín, Freituxe, Mosteiro, Laparte, Rivas, Bóveda, Valalpape, Casbeiro, Outeiro e Teilán, pertencentes ó Concello de Bóveda, beneficiáronse do recente arranxo dos viais a cargo da Deputación de Lugo, que con medios propios acometeu estas actuacións.
LIMPEZA DE 20 QUILÓMETROS DE VIAIS E DE 40 QUILÓMETROS DE CUNETAS
Os traballos, que remataron a comezos deste mes, consistiron na mellora de 20 quilómetros de vías municipais, a limpeza de 40 quilómetros de cunetas e no acondicionamento dunha superficie útil de 10.000 metros cadrados. Estas tarefas foron realizadas por un equipo de limpeza desprazado polo organismo provincial desprazou ó municipio, equipado por unha motoniveladora, un camión e unha pala, así como o equipo humano necesario para o seu funcionamento. Os responsables provinciais explicaron que estas melloras benefician a preto de 1.000 veciños de Bóveda, que usan a diario estes viais nos seus desprazamentos.
PARQUE MÓBIL PROVINCIAL A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS TODO O ANO
Hai seis anos que a Deputación reorientou o servizo do Parque Móbil para poñer a disposición de todos os municipios da provincia os medios técnicos e o persoal deste departamento, adicándoo ó acondicionamento de estradas locais, de xeito que osconcellos diminuíran as súas cargas económicas e melloraran os servizos públicos ós cidadáns. As máquinas actúan durante todo o ano, desprazándose por toda a provincia según as necesidades das vías locais, e coa colaboración de traballadores municipais.