Celebran en Sarria a I Ruta Cabalar

Nova iniciativa para disfrutar da natureza

A Ruta Cabalar que arrincou en Sarria busca implantar esta opción lúdica de xeito periódico. EC.

Se é certo que se fai camiño ó andar, a Ruta Cabalar de Sarria ten visos de converterse nun evento con solera. Preto de 50 xinetes tomaron parte nesta primeira edición da marcha equina polas terras de Sarria o pasado 12 de maio, nunha xornada soleada que a comitiva iniciou no Campo da Feira e partiu cara Manán e Céltigos, cunha parada para un café e descanso dos cabalos na Pobra de San Xiao, e desembocar finalmente no punto de partida en Sarria.

“SARRIA TEN MOITA AFICIÓN ÓS CABALOS, PERO NON TEN TRADICIÓN DE RUTAS”

O promotor desta iniciativa, o sarrián Víctor Manuel Rodríguez Pardo, explica que “ó non haber este ano a Feira de San Isidro de Sarria, que sempre atraía moito ó mundo do cabalo, decidín poñer en marcha esta ruta, aínda que non houbo nin tempo de constituir unha asociación”. Víctor Rodríguez recoñece que en Sarria “hai moita afición ós cabalos, pero non había ningunha actividade deste tipo, cando eu estou a participar pola Ribeira Sacra en rutas similares”, o que o motivou para “tratar de crear aquí, na miña terra, esta tradición”. Unha iniciativa que está a arrincar “moi ben”, según explica Rodríguez, e que de seguro repetirá o vindeiro ano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga e Monforte de Lemos benefiaranse, entre outros 25 concellos lucenses, de subvencións da Xunta para proxectos de promoción da lingua galega

Seguinte Nova

Preto de 500.000 euros para a mellora de estradas no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: