Comerciantes e empresarios de Sarria achéganse ó comercio electrónico nunha xornada informativa

ACES e Federación Galega de Comercio organizaron unha charla sobre o proxecto Comerciogalicia.es, que xa conta con máis de 200 comercios e 10.000 produtos

Un momento da xornada formativa sobre o proxecto Comerciogalicia.es, organizado por ACES e Federación Galega de Comercio o pasado 8 de maio no Hotel Alfonso IX de Sarria. EC.

Nun esceario de crise económica como a que estamos a vivir, parece necesario botar man de toda ferramenta que contribúa a incrementar as vendas no pequeno comercio. Con este fin, hai un ano botou a andar a iniciativa Comerciogalicia.es, un proxecto promovido pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Xunta de Galicia, e que aglutina a día de hoxe a máis de 200 establecementos, e dá a coñecer preto de 10.000 produtos a través de internet. Este portal do comercio galego foi presentado en Sarria o pasado 8 de maio nunha xornada informativa celebrada no Hotel Alfonso IX, e que contou coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES), Ricardo Arias.

MÁIS MERCADO PARA OS NOSOS PRODUTOS, DURANTE 24 HORAS E SEN ESFORZO

Según explicaron os resposnables desta iniciativa, Comerciogalicia.es naceu, por unha banda, para incorporar ó sector do comercio a este novo reto tecnolóxico e mellorar así a súa competitividade, posibilitanto chegar a mercados que físicamente serían inacadables. Asimesmo, a plataforma Comerciogalicia.es busca ofrecer a un público máis amplo os produtos que se están a comercializar nos establecementos a pé de rúa. Neste sentido, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, cualificou este proxecto como “unha gran vantaxe nos tempos que corren, xa que o comerciante suma outro espacio físico onde ter os seus productos á venda as 24 horas do día, co mínimo investimento e esforzo”.

PLATAFORMA DE COMERCIO ELECTRÓNICO “SEGURA E DE CALIDADE”

Asimesmo, os poñentes suliñaron que esta plataforma de comercio electrónico “é segura e de calidade ao contar coa colaboración da Xunta de Galicia e respaldándose nos mellores profesionais”.

PLATAFORMA “SINXELA E CÓMODA” PARA O EMPRESARIO, E “ATRACTIVA” PARA O CONSUMIDOR

O presidente da Federación Galega de Comercio animou ós comerciantes de Sarria a participar no “novo escaparate dos produtos do comercio galego”. Seijas destacou que a plataforma Comerciogalicia.es resulta sinxela e cómoda para o empresario, que ademais recibe asesoramento e formación para que el mesmo poda xestionar o seu espacio de venda. O portal tamén resulta atractivo para o consumidor, xa que nun mesmo espacio pode atopar comercios de todos os sectores e realizar compras multitendas, precisou José Mª Seijas.

COMPETITIVIDADE DO PEQUENO COMERCIO FRONTE ÁS GRANDES CADEAS

A plataforma Comerciogalicia.es está pensada para adecuar ó pequeno comercio ás esixencias da actualidade e dos novos formatos comerciais. Neste sentido, o presidente da Federación Galega de Comercio insistiu en que Comerciogalicia.es supón “un proxecto moi ambicioso, pero necesario, que nos permitirá estar á altura das grandes empresas ou cadeas de distribución”. Esta ferramenta on line permitirá poñer ó comercio galego “na primeira liña de venda, dando un salto directo e obrigado cara o comercio electrónico porque sen dúbida, é o momento”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vidal Bolaño, o gran creador da escea galega

Seguinte Nova

UGT-Lemos considera “preocupante” o aumento en 112 desempregados respecto a abril de 2012

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: