En marcha a instalación de equipos eficientes nos concellos do sur de Lugo

Dentro do Club dos Renovables provincial

O Incio, Abadín e A Fonsagrada aforrarán preto de 41.000 euros ó ano con este equipamento gratuíto

O programa de aforro enerxético que a Deputación de Lugo puxo en marcha hai un ano ós 47 concellos que integran o Club dos Renovables cumpriu unha nova fase nestes días, co comezo da instalación, prevista para finais deste mes, nos municipios de O Incio, Abadín e A Fonsagrada dos preto de 1.000 compoñentes para a mellora da eficiencia enerxética, que supuxeron un investimento de 97.000 euros por parte do organismo provincial. Según os responsables deste programa, estes equipamentos, a custe cero para os concellos, permitirán a estes tres municipios un aforro na factura eléctrica de 41.000 euros ó ano, cunha media de 13.600 euros de aforro por concello. Dende o organismo provincial adiantaron que nos vindeiros meses outros 34 municipios beneficiaranse da instalación de equipamentos similares.

PROGRAMA DO ORGANISMO PROVINCIAL PARA A REDUCIÓN DOS GASTOS CORRENTES NOS MUNICIPIOS

Trala realización de auditorías enerxéticas por parte da Deputación de Lugo nos 47 concellos que aceptaron adherirse ó Club dos Renovables, a segunda fase deste programa de eficiencia enerxética para os municipios lucenses consiste na dotación de compoñentes que as auditorías previas determinaron como máis adecuados para rebaixar o gasto eléctrico dos concellos. Con este fin, hai un ano que a Deputación de Lugo aprobou un acordo marco mediante o que pactou con seis empresas a compra de materiais de eficiencia enerxética, que inclúen lámpadas LED, válvulas termostáticas, programas de rego ou detectores de presenza, obtendo así prezos máis vantaxosos.

EQUIPAMENTO COMPLETO PARA UNHA MAIOR EFICIENCIA ENERXÉTICA

Según informaron dende o organismo provincial, os equipos de eficiencia enerxética destinaranse fundamentalmente ó alumeado público exterior dos municipios, así como no dun edificio de titularidade municipal elixido por cada Concello. Na primeira fase da instalación, a que corresponde ós municipios de O Incio, Abadín e A Fonsagrada, instalaranse un total de 975 lámpadas de baixo consumo, 6 reloxos astronómicos para programar automaticamente o acendido do alumeado, 4 descargadores trifásicos para evitar picos de tensión eléctrica, 1 redutor de fluxo lumínico e 29 válvulas termostáticas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acondicionamento de viais no rural

Seguinte Nova

Tres medallas e dous trofeos para o taekwondo monfortino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: