Éxito da artesanía lucense na Gala Lucus Moda

Máis de 300 persoas asistiron no Museo Interactivo de Historia de Lugo á 4ª edición desta gala, organizada pola Deputación e o Concello de Lugo, en demanda dos creadores que seguen a ver nesta iniciativa un gran escaparate para a promoción dos seus traballos. Un elenco de 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía e 7 perruquerías ofreceron o mellor da súa creatividade nunha celebración que contou coa colaboración dun centenar de profesionais e preto dunha vintena de negocios lucenses. A gran pasarela da artesanía e do deseño lucense contou este ano coa actriz galega Camila Bossa como presentadora de excepción, e logrou reunir preto de 7.000 euros destinados ó Fogar do Transeúnte, cos que esta gala súmase ás iniciativas solidarias nestes tempos difíciles.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

I Subida Terra de Lemos 2013

Seguinte Nova

Acondicionamento de viais no rural

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: